A xeito de presentación
Máis de sete anos van transcorridos desde que, a fins de 2018, a Asociación Casco Antigo de Viveiro tivera tomado vida co propósito deservir para canalizar inquitudes e demandas veciñais. Diversas son asfrontes nas que temos traballado neste tempo —pandemia da Covid19 de por medio— encamiñadas a que desde o casco antigo —soleirae xerme da actual metrópole— contribuamos a «facer que Viveiro sexa un lugar atractivo para vivir».
Agora, nesta primavera de 2026, imos dar un pasiño máis cara adiantecoa saída á rúa de «MÁIS QUE UN POBO», a publicación que o lectorestá a ter diante si. Pretendemos con este medio crear unha vía decomunicación gráfica, tanto cos nosos asociados como co público enxeral, que sirva por unha banda para dar difusión do noso acontecercomo asociación e por outra dispor dun espazo no que teña cabida uneido tan importante para nós como é a conservación da cultura quenos abrangue, ir deixando rexistro da memoria miúda das nosas rúase das xentes que as habitan ou habitaron. Queremos por tanto manifestara nosa gratitude a tódalas persoas ou entidades que desinteresadamentenos brindaron a súa colaboración para encher de contido asseguintes páxinas.
Expresamos igualmente a nosa gratitude á Área de Cultura da DeputaciónProvincial de Lugo e aos demais anunciantes que contribuíron aofinanciamento desta iniciativa, ao Concello de Viveiro por nos cedero local onde levar a cabo a nosa actividade, tamén aos outros establecementoscomerciais que figuran noutro lugar desta revista por nosteren prestado a súa axuda e finalmente a tódolos socios, sen cuxacolaboración nada disto sería posíbel..
© 2026 www.libroslar.com