Os motivos que me levaron a investigar sobre a vida e obra de Xosé Rivas foron varios.
O interese comezou cando eu era un neno e miña nai nos levaba a meu irmán e a min á Igrexa de Foz. Hai alí unha fermosa imaxe da Virxe do Carme que me chamaba moito a atención e, aínda hoxe, me segue impresionando polo seu dramatismo e, ao mesmo tempo, pola dozura do rostro da Virxe e do neno Xesús. Son un namorado desta obra.
No ano 2004, coincidindo co 50 aniversario da adquisición da escultura, os compoñentes da Comisión de Festas do Carme decidiron encargar os traballos da súa restauración a Luís Sóñora Lapido. Logo dunha conversa con este profesional sobre as características da obra, souben que está casado con Mari Rivas, neta de Xosé Rivas e sobriña dos autores da imaxe. Aínda que coñecía xa que a obra era dos irmáns Rivas Varela, veciños de Santiago de Compostela, a curiosidade foi en aumento cando constatei que o pai era nativo de Riotorto.
É veciño de Foz. Foi Profesor de Relixión no I.E.S. Perdouro de Burela. Exerceu a presidencia da A.C. “Os Matos”. Durante varios anos coordinou a revista Maruxía e diversos traballos de investigación publicados pola Asociación.
Colabora coa parroquia Santiago de Foz e con diversas institucións e asociacións da vila e da Mariña.
Imparte charlas e conferencias de temática variada, destacando as de historia local e comarcal.
Ten publicados moitos artigos en prensa e colaborado en programas de radio e televisión. Tamén realizou varias exposicións de fotografía.
No ano 2004 o Concello de Foz concedeulle o Premio “Manuel María” polo seu labor cultural.
© 2024 www.libroslar.com