Grazas a profesora Fina Roca coñecemos hai uns anos a historia das mulleres que, ao final de verán, camiñaban desde o interior á Mariña para tomar os baños logo de finalizar os labores do campo. As carrachentas, canónigas, poubanas ou mantidas, alcumes (despectivos) con que se coñecían na Mariña, adoitaban mergullarse na auga para repor folgos e prepararse para o inverno, moitas veces por prescrición médica.
Grazas a profesora Fina Roca coñecemos hai uns anos a historia das mulleres que, ao final de verán, camiñaban desde o interior á Mariña para tomar os baños logo de finalizar os labores do campo.
As carrachentas, canónigas, poubanas ou mantidas, alcumes (despectivos) con que se coñecían na Mariña, adoitaban mergullarse na auga para repor folgos e prepararse para o inverno, moitas veces por prescrición médica
O libro está ilustrado con fotos antigas de Ariza (Foto cine Ariza) e Carlos(Foto Carlos) avó e tío da autora; e con fotos actuais da profesora Marta Michelena e do doutor José M. Moreno.
© 2024 www.libroslar.com