#taméneu é unha escolma entre os innumerábeis artigos de opinión feminista publicados por María Xosé Porteiro nos últimos anos en diversos medios. Ten a habilidade de localizar o ton e a estrutura precisos, democratizar a comunicación e por o seu pensamento e coñecemento a disposición da cidadanía. Sorprende o certeiro dos seus prognósticos, o acaido dos avisos de alarma ante o que pode vir, e vén.
Co pensamento crítico en horas baixas, este movemento revolucionario, pacífico, de transformación social, civilizador, precisa de ferramentas para combater o maniqueísmo e non apartarse do seu cerne filosófico, ético e vindicativo. Velaquí unha achega á memoria común e a aprendizaxe das pioneiras.
© 2024 www.libroslar.com