A CARAUTA DO ESPÍRITO DO ANTROIDO
Hai algo agochado no negro, na escuridade do antro, que ameaza con posuírnos, que nos posúe no Antroido.
Ameaza ominosa, que nos trusga detrás da carauta do espello.
As sombras, sinistras, bailan, nas paredes da cova coa luz amortecida do lume, que se vai consumindo, deixando xurdir aos espíritos, que reptan, abrancazados, leitosos, pola rochas negras do entrepano.
Contra o ceo unha gargallada, abominábel, agoirenta, estarrece as campás con poutas de xeo, e saúdanos co contaxioso senso da diversión dicindo:
deixade ao infindo pasar!
Innomeábel,
trasno, tolo, cos pés de lume,
vai o Antroido riscando carautas, ominosas, nos espellos.
© 2024 www.libroslar.com