Los pedidos realizados entre el día 30 de diciembre y el 6 de enero, serán enviados el miércoles 7. | Y el día de Nochebuena, nos lo tomaremos también libre que nos lo hemos ganado.
Begoña, profesora nun instituto de barrio moi conflitivo, rompe o nocello esquerdo e ten que estar tres meses de baixa ca perna enxesada.
Para non aburrirse decide ordenar as fotos das excursións e do teatro escolar dos seus alumnos, que tiña gardadas nunha caixa de zapatos, pero na caixa non só hai fotos senón tamén recortes de xornais atrasados sobre o caso dun malogrado xornalista, que apareceu asasinado na bañeira da súa casa hai 25 anos e decide dixitalizalos por datas para poder investigar sobre o crime do redactor de sucesos.
© 2025 www.libroslar.com