Los pedidos realizados entre el 27 de diciembre y el 6 de enero serán enviados el día 7 de Enero de 2025
A Mariña é fértil campo de lendas, ritos e mitos, relatos que se nutren dun abondoso imaxinario gobernado por criaturas como as mouras (vellas e mozas), mouros, heroes e heroínas, monstros terrestres e mariños, sereas, fantasmas, meigas, demos, ánimas, santos, santas, monstros, lugar de casas encantadas, vilas asolagadas, tesouros, milagres e prodixios, que de todo hai. Des que se moldeou a lama primixenia, a Mariña foise facendo así, aos poucos,
o que hoxe é, un Paraíso!
A quen non lle apetece sobrevoar a Mariña para contemplala suspendido dunha nube de néboa salgada! Quen se resiste a pasear aéreo do Eo ao Sor, do Xistral, valo de néboas e berce da friaxe dos ventos e das neves, ao Mar da Masma, leito onde se bican amorosas as augas de todos os nosos ríos!
Este libro pretende ser a aeronave imaxinaria que permita dar cumprimento a ese soño.
Antonio Reigosa
© 2024 www.libroslar.com