Hoxe, que Foz xa non ule a mar compre recordar o que noutro tempo o mar significou para a xente deste concello.
Por estas páxinas veremos á creación do actual porto, que noutrora tiña un comercio de cabotaxe, con madeira saíndo para Lisboa, Ferrol ou Asturias. Asistiremos ao nacemento e desaparición do Pósito de Pescadores, da Sociedade de Socorros Mutuos, da lonxa ou da Ribeira de Foz. Acompañaremos aos cazadores de baleas de Nois e de Foz; aos mariñeiros nas costeiras do bocarte, sardiña, chicharro e bonito, con eles naufragaremos, salvarémos e perderemos compañeiros.
Pasaremos por un Foz de conserveiras, redeiras e pescantinas, por un Foz que soubo engaiolar a múltiples escritores.
Por este mar de papel navegaremos cara un Fox que xa non existe, pero compre lembrar.
© 2026 www.libroslar.com