libros lar logo

Menu
  • Inicio
  • Tienda
  • Temáticas
    • Biografía
    • Ensayo e investigación
    • Arte y fotografía
    • Infantil
    • Narrativa
    • Poesía y música
    • Viajes
    • Viveiro
  • Nosotros
    • Quienes somos
    • www.graficaslar.es
    • Nuestro Facebook
    • Nuestro Instagram
    • Contacto
  • Preguntas frecuentes
    • Nuestra forma de trabajar
    • Costes y condiciones
    • Información de sus ventas
    • LIbrerías y distribuidores
  • Blog & Noticias
  • No tengo cuenta
  • Ya tengo cuenta
  • Mi carrito

libros lar logo

Su pedido está vacío

Huella fiscal INITIUM LAR 70px

 
  • Inicio
  • Tienda
  • Temáticas
    • Biografía
    • Ensayo e investigación
    • Arte y fotografía
    • Infantil
    • Narrativa
    • Poesía y música
    • Viajes
    • Viveiro
  • Nosotros
    • Quienes somos
    • www.graficaslar.es
    • Nuestro Facebook
    • Nuestro Instagram
    • Contacto
  • Preguntas frecuentes
    • Nuestra forma de trabajar
    • Costes y condiciones
    • Información de sus ventas
    • LIbrerías y distribuidores
  • Blog & Noticias

O Ribadeo de Antano, a través da tarxeta postal

ribadeo-de-antano
20,00 € por unidad

Añadir a tu pedido
Podrás añadir el producto al carrito después de elegir entre las opciones disponibles.
¿Tienes dudas sobre este articulo?

Especificaciones

Rodríguez Fernández, Pablo
Libros LAR
Galego
120
Tapa blanda
21x24
978-84-122847-4-4

Descripción:

O obxectivo deste traballo foi recompilar todas aquelas tarxetas postais que teñan relación con Ribadeo, desde as primeiras aparecidas a finais do século XIX, ata aquelas que se editaron ata finais de 1939.

O labor de procura e catalogación foi unha tarefa que me levou moito tempo, digamos anos, e require moita paciencia e minuciosidade, isto púideno realizar, e foi o punto de partida, o arquivo familiar o cal foi iniciado polo meu bisavó Jose Saturnino Garcia coñecido en Ribadeo como “Don Pepito o Comediante” e proseguiron con él o meu avó Salvador Rodríguez, as miñas tías Peregrina e Carmen, e o meu pai Salvador Rodriguez “Vivín”; e co paso dos anos o meu empeño en amplialo.

Como coñecedor de que en varias familias ribadenses podía haber tarxetas diferentes ás do meu arquivo, que supera as 200 tarxetas, soliciteilles a súa colaboración, para poder incluílas neste traballo. Unhas fixeron “oídos xordos”, outras desde o primeiro momento mostraron a súa disposición a cedelas para a súa divulgación.

No libro non están todas as que se editaron, non teño dúbidas de que faltan bastantes, pero non me foi posible incluír máis, son un total de máis de trescentas, desde vistas, a tomas de actos sociais, é dicir parte da historia do noso Ribadeo.

As persoas que me cederon tarxetas son: José Luis Folgosa, Ten Pérez, Adolfo José García, Antonio Cuervas-Mons, Juan Navarro, Suso do Cabarques, Carmen Vilalonga, familia de Urbano Alvarez Pulpeiro (Urbano da Senra), familia Barreiro, familia Lage e a centenaria Fernanda Sela, a cal asemade me facilitou información sobre algunha das tarxetas.

Algunhas das que aquí se reproducen, circularon, é dicir, se timbraron e saíron aos destinos máis diversos, pero como as pombas mensaxeiras teñen volto a Ribadeo, quero destacar unha do ano 1905, enviada desde Montevideo, da “Torre do Reloxo”, o cal deixa constancia que os emigrantes, levaban na súa valixa tarxetas de Ribadeo, para cando lles entra a “morriña” observalas, e en momentos dados, para dar noticias deles, utilizábanas, ben por falta de recursos económicos ou de tempo, para adquirir ou enviar unha do país ou cidade onde emigraran.

As tarxetas nas que non figura a súa procedencia pertencen ao meu arquivo, debo facer fincapé en que algunhas de “Saez”, no seu día fóronme regaladas polo fotógrafo ribadense recentemente falecido Miguel Díaz Conde, continuador do negocio “Foto Miguel”, que no seu día se fixo co dos irmáns Saez en Ribadeo.

Asemade quero manifestar o meu agradecemento a Martín Carrasco Marqués, tapiego afincado en Madrid e considerado o maior experto sobre a tarxeta postal en España e posuidor dunha das coleccións máis importantes de Europa, o cal tamén me cedeu aquelas tarxetas postais, que non existían en ningún arquivo de Ribadeo. Martín foi a primeira persoa coñecedora deste proxecto, e desde o primeiro momento ofrecéuseme desinteresadamente para o que precisase e cando coincidimos en épocas de vacacións, sempre se despedía dicindo “hai que publicar ese libro sobre as tarxetas de Ribadeo”.

Grazas tamén a Orlando Pérez Torres, o cal se me brindou a realizar o prólogo e asesoroume na publicación e a Xusto García Rodríguez que como deseñador, colaborou no retoque dalgunhas das tarxetas, que co paso dos anos se tiñan deteriorado.

O meu desexo con esta publicación, é que o Ribadeo de ANTANO, non sexa descoñecido para as próximas xeracións.


Enlaces de interés:

 

Pablo Vivín presenta una recopilación de 250 postales antiguas de RibadeoPablo Vivín presenta una recopilación de 250 postales antiguas de Ribadeo

Fotografías que viajaron por varios paises y que son pedazos de la historia de A Mariña Fotografías que viajaron por varios paises y que son pedazos de la historia de A Mariña

Disponible en las siguientes librerías:

 
Lista de los comentarios:
No hay comentarios escritos todavía.
Debe estar registrado para dejar su comentario

Otros libros similares:

o-comercio-maritimo-portada
O comercio marítimo da Ría de Ribadeo 14,00 € por unidad
ribadensario_portada
Ribadensario 15,00 € por unidad
cubierta_suso_pena_45230992
Suso Peña, la mirada mágica 20,00 € por unidad
daniel_cortezon_libro_homenaje
Daniel Cortezón, homenaxe 20,00 € por unidad

© 2023 www.libroslar.com