“Este traballo nace co fin de manter na memoria os oficios tradicionais que deron vida ao pobo, así como algúns feitos, vivencias e tradicións ocorridas en Galdo, na súa maior parte na segunda metade do século XX, e como homenaxe aos veciños que fixeron posíbel que Galdo tivera un peso importante en moitos aspectos da economía do século pasado en toda a bisbarra. Quero evitar que ao pasar dúas ou tres décadas, cando os veciños de 60-90 anos nos deixen, e con eles os seus recordos, se perda esta parte da memoria colectiva da parroquia”.
Paco R. Salgueiro
Exemplar gratuito para todos os asistentes á sua presentación, xentileza da Deputación de Lugo.Pode descargar o pdf co libro completo
© 2024 www.libroslar.com