O presente libro abarca un estudo que comeza no século XVIII (1787) ata os nosos días. Ten como obxectivo tributar un recoñecemento á nosas xente do Mar de Foz que, coas súas iniciativas, co seu coñecemento, coas súas mans e coas súas embarcacións, fixeron da nosa vila un lugar fermoso e próspero.
Ao lonto destes séculos a sociedade viviu tempos de cambio e modernización. Eliseo Oroza Fernández escribiu: Cambian os homes, cambian os pobos. Morren costumes, nacen outras novas... tan só o mar, este mar perenne e eterno, é a inveterada, a perdurable tradición de Foz.
Esperemos que as novas xeracións avancen o ritmo dos tempos, pero sempre sabedoras de que as Embarcacións do Mar de Foz son exemplo de entrega, sacrificio e progreso.
© 2026 www.libroslar.com