Este libro leva durmindo case tres anos, vai facelos no vindeiro mes de marzo.
Di, conta o que xa todos sabemos, ou dáse por sabido, por iso o importante é que o diga, e quede recollido por escrito, para pór en valor a loita popular coa xenreira de mancar, coa choqueirada, o poder estabulado, (estabelecido, quixen dicir), coa anuencia, non só dos poderosos, “seguídenos e manteréivosmos entretidos”; polo menos tres días ao ano no circo moderno dos escravos; senón tamén dos máis eivados na chufada cotiá, que é a vida, ávidos da gloria interna no seu grupo para acceder a magnificencia, caia quen caia, cun riso, mágoa.
Canto maior é a distancia, o nivel entre o inferior e o superior, maiores, meirandes son os fastos dos oprimidos, e non se pode sacrificala diversión. O segredo pode estar nas arelas de liberdade e xustiza social. E aquí estamos, no Antroido, na resaca de vende-la vida toda por morrer “dignamente”, coma o raposo triscando, entre os dentes nun riso, a lingua (sic).
O Antroido é unha revolución seria, onde a diversión e a risa son os eixos fundamentais.
Pois iso, por nós, que non sexa.
© 2024 www.libroslar.com