Ando a ler un libro que o máis que probable é que, os máis de vostedes, desfrutarían se o lesen. Trátase do titulado “Aguafuerte en gris”: o seu autor é Nicolás Fdez Suárez del Otero e a editorial que o botou ó mundo LAR libros con sede en Viveiro; esa vila, lonxana e fermosa, á que no século XIX chegou a familia materna do meu pai, exiliada que viña como consecuencia dos desastres provocados pola caída da Primeira República Española. Ónde vai a data!
Lévolles lidas unhas duascentas páxinas das cincocentas e pico das que consta e grazas a el -e máis á relectura doutro libro, xa lles direi de cal- estou vivindo as descricións dun tempo que explican o que hoxe vivimos e o que determinados dereitos humanos, o do pracer...
Puede leer la entrevista completa en este enlace.