A escritora e xornalista María Xosé Porteiro (Madrid, 1952), figura de referencia en Galicia —e non só en Galicia— no ámbito da defensa dos excluídos e da loita pola liberdade, reivindicou en Ferrol o feminismo como unha «revolución» que permite que avance a sociedade enteira. O Ateneo Ferrolán, a entidade que preside Xavier Dongil, acolleu apresentación de #taméneu, o seu novo libro, editado por Lar. Un volumen que reúne 77 artigos, todos eles de temática feminista, nos que a autora subliña o seu convencemento de que a loita pola igualdade é, sobre todo, unha loita contra a inxustiza: unha defensa do ben común. María Xosé Porteiro demanda a incorporación da muller a todos os ámbitos de decisión da sociedade e, en consecuencia, un mundo sen exclusións.
Momentos antes de comezar a presentación, na que estivo acompañada por Llerena Perozo —autora do limiar da obra—, pola directiva do Ateneo Ferrolán Sonia Mauriz e polo editor Manuel López, María Xosé Porteiro reivindicaba o valor do artigo de opinión como unha peza esencial para a comunicación nun tempo cheo de incertidumes no que é especialmente importante axudar non só a «reflexionar», senón tamén a «entender o que pasa».
Pluralidade
A presentación do libro congregou no Ateneo a representantes dos máis distintos ámbitos da cidadanía: desde o ensino e a comunicación ata o asociacionismo cultural e a creación artística, ademais do sindicalismo e o mundo editorial.
Enlace al artículo completo en este enlace.