Esta lucense acaba de publicar o libro ilustrado «Guía-t x Lugo», unha obra visual e intuitiva sobre rutas, monumentos e paraxes naturais dos 67 concellos.
«Foron mil os exemplares impresos, pero teño que tirar máis copias», recoñece Arias, impresionada e agradecida polo bo recibimento que está rexistrando o primeiro libro que publica. Da impresión encargouse Gráficas Lar, de Viveiro, para os que non ten máis ca palabras de gratitude.